• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

EMPREGO CON APOIO:

A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII leva a cabo inserción laborais de persoas con discapacidade, preferentemente intelectual, mediante a metodoloxía do emprego con apoio ben a través do seu equipo propio de preparadores laborais ou co apoio de FADEMGA.

O emprego con apoio é unha metodoloxía de apoio á persoa con discapacidade que se incorpora como traballador/a á unha empresa do mercado ordinario de traballo. O profesional encargado do proceso de inserción é o preparador laboral, que deseña e aplica  a totalidade do sistema de apoios que vai a recibir a persoa desde os elementos previos á incorporación da persoa ao posto de traballo ata a retirada gradual dos spoios unha vez se teñan adquiridas as competencias necesarias para que o trabalador sexa autónomo na execución das súas funcións de traballo.

o prceso de inserción non finaliza coa retirada definitiva dos aopios, senón que se be pautar unha supervisión por parte da empresa que dé reporte ao equipo de apoio (orientador/a laboral e preparador/a laboral) sobre o nivel de desempeño do traballador con discapacidade co fin de determinar o nivel de axuste do traballador aos requirimentos do postode traballo, por si puidera precisar novos apoios.

A metodoloxía do emprego con apoio aportalle seguridade ao empresario  á hora de contratar persoas con discapacidade porque conta co apoio técnico dos especialistas durante toda a vixencia do contrato.

 

 

ORIENTACIÓN LABORAL:

FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII presta servizo de orientación laboral a persoas con discapacidade demandantes de emprego, realizando unha entrevista de orientación inicial e  en coordinación con outros servizos de emprego do contorno.