• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

PROGRAMAS COMPLEMENTARIOS:

Por qué:

En termos xerais se pode afirmar con rotundidade que  traballo é unha vía fundamental para a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual. Sen embargo, debemos comprender que os  efectos positivos do traballo sobre a persoa non son atribuíbles unicamente ao feito de traballar, senón que deben coexistir elementos complementarios que sustenten o benestar da persoa que traballa;  falamos das relacións persoais fóra do traballo, do ocio, da capacidade de decidir e obrar en función dos propios intereses, entres outros.

Neste senso, a FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII promove para as persoas con discapacidade intelectual programas complementarios ao emprego  dirixidos fundamentalmente a traballar a imaxe social da persoa con discapacidade e a promover a autonomía na toma de decisións e no aproveitamento dos recursos que ofrece a comunidade.

 

Plan de inclusión social:

Preme para ler máis...
 

Obxecto:

Promover unha estrutura de traballo que responda  ás necesidades sentidas polas PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL  en materia de inclusión social, e polo tanto influír como elemento  de cambio social.

Ao abrigo deste plan se desenvolverán diferentes proxectos en diversas áreas de traballo (ocio e cultura, fomento do emprego, accesibilidade, etc.), que responderán a dous obxectivos considerados finalistas para acadar o fin que se propón:

a) Aportar á sociedade  coñecemento sobre a discapacidade intelectual a través da experiencia.

b) Promover a autonomía das persoas con discapacidade respecto á participación social.

Deselvolvemento:

O plan se concibe como un marco no que concretar diferentes  liñas estratéxicas de traballo en materia de inclusión social.

Colaboradores: Dinahosting

 

 

Clube de Lectura Fácil " Juan XXIII"

Preme para ler máis...

 

O Clube de Lectura Fácil "Juan XXIII" , é o primeiro dos tres proxectos que conforman o "PLAN DE PROMOCIÓN DA CULTURA E O XUÍZO CRÍTICO A TRAVÉS DA LECTURA" didrixido a persoas con discapacidade intelectual.

O Clube de Lectura Fácil "Juan XXIII" é un proxecto que xurde da necesidade de achegar ás persoas con discapacidade intelectual  á cultura a través dos textos.

O colectivo de persoas con discapacidade inteletual, foi históricamente relegado da posibilidade de acceder á cultura, tamén se lle negou a posibilidade de expresar as súas opinións e de exercer os seus dereitos coma cidadáns.

A lectura é fonte de coñecemento e de placer; ademáis permite á persoa achegarse a situacións que ben sexan reais ou de ficción levan á persoas a desenvolver a súa imaxinación, a adentrarse en pensamentos propios e non manipulados que contribúen ao seu  desenvolvemento intelectua.

 

Actualmente, o Clube de Lectura Juan XXIII conta tres grupo de traballo nos Concellos de Pontevedra e Cangas do Morrazo, nos que participan 25 persoas con discapacidade intelectual. Son persoas que dende as súas propias  capacidades acceden á cultura a través da literatura, e desenvolvendo na relación cos seus compañeiros de lectura  pensamentos críticos libres sobre as suas  propias experiencias.

Proximamente se porán en marcha iniciativas de creación e daptación de textos á lectura Fácil e mesmo se crearán boletíns de actualidade accesibles para todas as persoas.

"Dicir que os homes son persoas e como persoas son libres, e non facer nada para lograr concretamente para que esta afirmación sexa obxectiva, é unha farsa" Paulo Freire."Pedagoxía do Oprimido"

 

 

Xornada "A discapacidade intelectual nos medios de comunicación":

Preme para ler máis...
 

Obxecto:

FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, como entidade representativa do traballo en prol da defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, consciente da pervivencia de modelos culturais do pasado que limitan o progreso social das persoas con discapacidade intelectual, planifica unha xornada adicada aos profesionais dos medios de comunicación para evidenciar a súa posición privilexiada para influír na imaxe pública das persoas con discapacidade e favorecer condicións para que os medios mostren a través dos seus instrumentos (imaxe, palabra, texto, etc) unha imaxe fiel á realidade da  discapacidade.

Deselvolvemento:

 

Colaboradores: Deputación de PontevedraGrupo PuentesXunta de Galicia

 

/