• Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII Ao traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan os seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII A Fundación Juan XXIII ten a súa sé no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII O emprego de calidade aporta ao traballador benestar persoal e compromiso co resultado do traballo.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A amabilidade e a vocación de servizo son sinais de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII
  • Responsabilidade Social Empresarial A Fundación Juan XXIII desenvolve programas de responsabilidade social que van máis aló do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

.

CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO:

Descarga aquí o folleto informativo da Fundación.

O centro especial de emprego constitúe  na actualidade a principal liña de traballo para o fomento e creación de emprego para persoas con discapacidade. O Centro especial de Emprego FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII proporciona aos seus traballadores un emprego protexido estable e de calidade; apoiado permanentemente por un equipo profesional altamente cualificado que atende as necesidades da cada persoa.

Actualmente , desde o centro especial de emprego se xenera emprego directo a vinte persoas con discapacidade do contorno de Pontevedra, dos cales o 90% son contratacións indefinidas.

A evolución do CEE dende o inicio da súa actividade foi grande, duplicando tanto o número de traballadores, coma o volume de actividade contratada nas súas principais liñas de actividade: quiscos e mantemento de xardíns.

 

Liñas de actividade:

Mantemento de xardíns:

Preme para ler máis...

 

A xardinería é unha actividade profesional que contribúe en gran medida á habitabilidade das cidades. Traballar na xardinería supón para as persoas con discapacidade a posibilidade de prestar un servizo altamente valorado pola comunidade, onde o traballador está en permanente contacto co cliente final e recibe feedback directo sobre o resultado do seu traballo. A conxunción destes elementos proporciona ao traballador con discapacidade un sentimento de satisfacción persoal e responsabilidade sobre á súa laboura profesional.

O 90% dos clientes desta sección de traballo son organismos públicos que contratan servizos con centros especiais de emprego facendo un exercicio de responsabilidade social fortemente avalado pola normativa vixente en materia de contratación pública, e primando a eficiencia na inversión dos fondos públicos.

 

Venda de produtos en quioscos:

Preme para ler máis...

 

O centro especial de emprego FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII conta con tres quioscos situados en diferentes puntos da cidade. A Actividade de venta proporciona ao traballador a posibilidade de entaboar relacións sociais de calidade cos clientes configurando en moitos casos unha rede de apoios naturais que transcenden o servizo do Centro especial de emprego.

O traballo de vendedor supón para as persoas con discapacidade intelectual un excelente medio para traballar habilidades relacionadas co cálculo, a lectura e a escritura, a toma de decisións e as habilidades sociais entre outras.

 

Servizos varios:

O centro especial de emprego contrata a persoas con discapacidades físicas e sensoriais para prestar varios servizos na Asociación Juan XXIII.

 
  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    HEMEROTECA

    Nesta sección poderás consultar os principais artígos da prensa publicados nos últimos anos. Consultar todo...

    Noticia Diario de Pontevedra DIARIO DE PONTEVEDRA

    "A Fundación Juan XXIII e o C.E.E Príncipe Felipe celebran xuntos o día da árbore". Saber máis...

  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    Crease o Clube de Lectura Fácil"Juan XXIII" para promover o acceso das persoas con discapacidade intelectual a cultura a través dos textos. Saber máis...