• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

RESPONSABILIADE SOCIAL CORPORATIVA:

Por que:

A responsabilidade Social Corporativa é o compromiso activo e voluntario dunha corporación coa mellora social, económica e ambiental, que se materializa na posta en marcha de actuacións dirixidas a minimizar o impacto negativo das súas operacións produtivas.

Os centros especiais de emprego, coma empresas de economía social son, por definición, entidades que operan con prácticas socialmente responsables  conferíndolle ao seu produto un elevado nivel de excelencia.

Asumir o compromiso de aplicar políticas de empresa socialmente responsables, supón apostar polo equilibrio necesario  entre o crecemento económico, o benestar social e a preservación do medio ambiente.

 

Programa de sensibilización cara o medio urbano:

A FUNDACIÓN JUAN XXIII , como entidade ao servizo do cidadán, no marco da colaboración necesaria co Concello de Pontevedra, presenta a iniciativa “PONTEVEDRA EXEMPLAR” para responder, á obriga que todos os cidadáns temos de corresponsabilizarnos polo benestar e a calidade de vida no noso contorno.

 

Plan de xestión de residuos da xardinería:

O tratamento dos residuos é un problema para as empresas de xardinería ao que as administracións dan solucións escasas.