• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.


RESEÑA HISTÓRICA:


A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII se constitúe en maio de 2007 de man da Asociación Juan XXIII para impulsar e dotar de estrutura suficiente ao plan de emprego que esta viña desenrolando durante a súa longa traxectoria de actividade para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. O inicio da actividade da Fundación ten lugar cuando en xaneiro de 2008 a Xunta de Galicia autoriza o rexistro do Centro especial de emprego ao seu nome; constituíndo na actualidade a súa principal liña de traballo en materia de creación de emprego.

Actualmente a FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII está a acadar altas cotas de presenza no contorno de Pontevedra grazas á calidade dos servizos que presta a través do centro especial de emprego.

 

CALIFICACIÓNS:


  • Calificada Centro especial de Emprego pola Consellería de Traballo co Número de rexistro 11-GZ
  • Calificada de Interese Laboral por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza , do 4 de xullo de 2007.
  • Inscrita no rexistro de Fundacións de Interese Galego co Número 2007/13