• Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII Ao traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan os seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII A Fundación Juan XXIII ten a súa sé no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII O emprego de calidade aporta ao traballador benestar persoal e compromiso co resultado do traballo.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A amabilidade e a vocación de servizo son sinais de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII
  • Responsabilidade Social Empresarial A Fundación Juan XXIII desenvolve programas de responsabilidade social que van máis aló do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

LECTURA FÁCIL: QUEN SOMOS

 

1.-  PRESENTACIÓN

A Fundación Juan XXIII é unha entidade sen ánimo de lucro que se dedica a acadar que as persoas con discapacidade atopen traballo.

A Asociación Juan XXIII fixo este traballo durante máis 30 anos, pero considerou que era mellor crear unha fundación para impulsar este traballo.

Ademais de buscar traballo para as persoas con discapacidade, a Fundación Juan XXIII organiza actividades pensadas para que a persoa aprenda a desenvolverse e a relacionarse no lugar onde vive. Estas actividades xunto co traballo axudan a que a persoa con discapacidade se sinta realmente ben.

As actividades que organiza a Fundación Juan 23 son para as persoas con discapacidade e tamén para as súas familias.

 

 

2.-  DATOS IDENTIFICATIVOS:

  • Razón Social: FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII
  • Domicilio Social: Rúa Eduardo Blanco Amor, 66. C.P: 36003 Pontevedra
  • CIF: G-36.551.828
  • Forma xurídica: Fundación de Interese Galego. Nº Rex: 2007/13


 

3.-  COMPOSICIÓN DO PADROADO:

  • Presidente de Honra: D. Alfonso Zulueta de Haz.
  • Presidente Representante Legal: D. Magín Alfredo Froiz Planes.
  • Patrono nato: Asociación Juan XXIII, representada pola súa presidenta Dna. Mª Teresa Fernández Cabaleiro.
  • Vicepresidente: D. Alfonso Pérez Iglesias.
  • Secretario: D. Francisco Javier Cobián Salgado.
  • Tesoureiro: D. Antonio Jar Ramos.
  • Vocal: Dna. María del Carmen Puga Pereiro




4.-  RESEÑA HISTÓRICA:

No ano 2007 Asociación Juan XXIII decidiu crear unha fundación para impulsar o emprego. A fundación chamouse “fundación para a discapacidade e Emprego Juan XXIII” e empezou a funcionar en 2008.

O centro especial de emprego é hoxe en día a actividade principal da Fundación e está ben considerado pola calidade dos servizos que presta.

 

 

 

5.-  CALIFICACIÓNS:

  • Calificada Centro especial de Emprego pola Consellería de Traballo co Número de rexistro 11-GZ
  • Calificada de Interese Laboral por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de xullo de 2007.
  • Inscrita no rexistro de Fundacións de Interese Galego co Número 2007/13

 

 

 

6.-  FIN SOCIAL:

A Fundación Juan XXIII trata de proporcionar  traballo para as persoas con discapacidade para que poidan ter mellor calidade de vida. O traballo ten que ser o axeitado para cada persoa segundo as súas características.

 

 

7.-  FILOSOFÍA DE TRABALLO:

A fundación Juan XXIII trata de dar traballo ás persoas con discapacidade en lugares visibles para a xente, e preto de onde vive cada traballador. Así os veciños poden ver que traballan ben, coma outra persoa calquera.

 

 

8.-  ENTIDADES COLABORADORAS:

 
  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    HEMEROTECA

    Nesta sección poderás consultar os principais artígos da prensa publicados nos últimos anos. Consultar todo...

    Noticia Diario de Pontevedra DIARIO DE PONTEVEDRA

    "A Fundación Juan XXIII e o C.E.E Príncipe Felipe celebran xuntos o día da árbore". Saber máis...

  • ACTUALIDADE JUAN XXIII

    Crease o Clube de Lectura Fácil"Juan XXIII" para promover o acceso das persoas con discapacidade intelectual a cultura a través dos textos. Saber máis...