• O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII: A Fundación Juan XXIII ten a súa sede no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: O emprego de calidade aporta o traballador benestar persoal e compromiso co resultado de traballo.
  • O Centro Especial de Emprego JUAN XXIII: A amabilidade e a vocación do servizo son señas de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII.
  • A Responsabilidade Social Empresaria: A Fundación Juan XXIII desarrolla programas de responsabilidade social que van máis alá do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.
Novas

A FUNDACIÓN JUAN XXIII INICIA A CAMPAÑA DE DESBROCES DOS CAMIÑOS DO RURAL DO CONCELLO DE MARÍN.


No mes de abril, coincidindo co inicio da primaveira o Concello de Marín comezou a campaña de limpeza e desbroces dos viais do rural.

Para a realización deste traballo o Concello contará cunha brigada de desbroce a pé da Fundación Juan XXIII que realizará os traballos nos camiños e viais de paso estreito os cales non poden acceder o tractor desbrozador do Concello.

A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta das praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario das intervencións o Concello dispón de información na súa páxina web a que se pode acceder a través do seguinte enlace:

http://concellodemarin.es/mapa-desbroce-caminos-e-viais-2017/

Non obstante, a través da prensa se dará información puntual do avance dos traballos.

Esta liña de traballo facilita o contacto das persoas con discapacidade cos veciños de Marín e axuda a mostrar "porta a porta" as capacidades deste colectivo de poboación.

Grazas á continuidade na realización destes traballos e a calidade que ofrecen nosos traballadores, a visión da discapacidade está cambiando en Marín e hoxe podemos afirmar que se valora a persoa incluso máis aló do traballo que se realiza.

Desbroce MarínDesbroce Marín


 

A FUNDACIÓN JUAN XXIII E O C.E.E PRINCIPE FELIPE CELEBRAN XUNTOS O DÍA DA ÁRBORE NA PRAZA DE AMALIA ÁLVAREZ.

Coincidindo co arranque da primavera, entorno á celebración do día da árbore, o centro especial de emprego Juan XXIII e o centro de educación especial Príncipe Felipe compartirán na praza de Amalia Álvarez unha xornada de traballo conxunto na que as persoas con discapacidade cooperarán na plantación de varias árbores e na mellora do axardinamento da praza.

Ambas as entidades coinciden en afirmar que esta colaboración entre institucións debe transcender o día da árbore e destacan que é o punto de partida dun acordo segundo  o cal a Fundación Xoán XXIII será centro de prácticas para alumnado do Programa Formativo de Formación Profesional Básica de Xardinería e Viveirismo que imparte o citado centro.

 

FERRAMENTAS DE CALIDADE DE VIDA: CURSO PERMANENTE DE COCIÑA TRADICIONAL.

Clase de cocina


Dende o mesmo día en que a Fundación Xoán XXIII  iniciou a súa actividade, os seus fundadores quixeron remarcar que o proxecto debía promover por igual as oportunidades de emprego e a calidade de vida para as persoas con discapacidade.

Por iso, quixeron reservar un amplo espazo para realizar accións de promoción persoal e social, considerando que xunto cun emprego de calidade as persoas alcanzarían  altos niveis de calidade de vida.

Tal como se esperaba, o emprego estable brindoulle ás persoas con discapacidade a oportunidade de emprender proxectos de vida libremente desexados, axustados ás súas posibilidades e convenientemente apoiados polas súas familias e pola Fundación Xoán XXIII.

 

O CONCELLO DE PONTEVEDRA ADXUDICA O MANTEMENTO DOS XARDÍNS A FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E O EMPREGO JUAN XXIII.


Xardinería

O contrato adxudicouse a Fundación Juan XXIII o día 30 de novembro, despois de 11 meses de paro na prestación de servizos.

A licitación realizouse mediante un procedemento aberto para un período de dous anos con posibilidade de traballar dous mais de prórroga.

O centro especial emprego realizará o mantemento de tres xardíns: Praza da Liberdade, Praza de Amalia Álvarez (UA18) e os xardíns da Cidade de Pedra. O traballo se realizará se en base a parámetros ecolóxicos, aspecto central dos requirimentos dos pregos técnicos.

Así se prestará especial atención aos criterios de aforro de auga, reducindo o uso de fertilizantes sintéticos e uso de tratamentos de fertilizantes de baixa toxicidade.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 3