Castellano

Fundacion Juan XXIII

  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII Ao traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan os seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII A Fundación Juan XXIII ten a súa sé no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII O emprego de calidade aporta ao traballador benestar persoal e compromiso co resultado do traballo.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A amabilidade e a vocación de servizo son sinais de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII
  • Responsabilidade Social Empresarial A Fundación Juan XXIII desenvolve programas de responsabilidade social que van máis aló do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

AVISO LEGAL:

Obxecto do sitio web.

O presente sitio web ten un carácter meramente informativo, non constituíndo en ningún caso un medio de asesoramento sobre ningunha das áreas especificadas neste, para o cal o usuario deberá dirixirse a:

FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII
Enderezo: C/ Eduardo Blanco Amor, 66. C.P: 36003-Pontevedra
Tel: 986 869 296
Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
CIF: G-36.551.828
Forma xurídica: Fundación de Interese Galego. N.º Rex: 2007/13

Contido do sitio web.

A información incluída no sitio web, seguiu os requirimentos pedidos pola Lei, pero de ningunha forma iso implica que teña que estar necesariamente detallada, completa, exacta ou manterse actualizada, debido no seu caso ás variacións que poidan producirse na normativa, xurisprudencia ou outros documentos de interese considerados.

A utilización da información proporcionada a través deste sitio web é responsabilidade exclusiva do usuario, non sendo FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, en ningún caso responsable dos erros ou omisións que puidesen existir así como da aplicación ou uso concreto que poida facerse desta.

Todas as fotografías que aparecen nesta páxina web/ revista, foron obtidas e publicadas coa correspondente autorización do seu titulas ou representante legal. Queda prohibido o seu uso por terceiras partes para finalidades distintas, puidendo recurrir na responsabilidade civil e penal. A FUNDACION PARA A DISCAPACIDAD E EMPREGO JUAN XXIII tomará as medidas legais oportunas para evitar o mal uso das mesmas.

Dereitos de autor e dereitos de propiedade industrial.

Os contidos que figuran neste sitio web están suxeitos a unha cláusula de dereitos de autor, non permitindo a reprodución destes, salvo autorización previa de titular FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII.

A información de terceiros que puidese incluírse aquí está suxeita aos correspondentes avisos sobre dereitos de propiedade intelectual correspondentes a estes. FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII é unha empresa rexistrada cuxa utilización está absolutamente prohibida.

Datos de carácter persoal.

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos, FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, informa que os datos persoais facilitados a través dos formularios desta web ou mediante mensaxes de correo electrónico, serán incorporados nun ficheiro de clientes e serán tratados de xeito automatizado. Mediante o envío dos formularios existentes nesta web, o remitente dá o seu consentimento para ser incluído no mencionado ficheiro. A finalidade do ficheiro é servir como soporte de información á xestión fiscal, administrativa, comercial e contable da FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII. Se o desexa, pode dirixirse a FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, domiciliada en C/ Eduardo Blanco Amor, 66. C.P: 36003-Pontevedra, co fin de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Enlaces

FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII, non asume ningunha responsabilidade sobre os enlaces cara outros sitios ou páxinas web que, no seu caso, puidesen incluírse neste, xa que non ten ningún tipo de control sobre estes, polo que o usuario accede baixo a súa exclusiva responsabilidade ao contido e nas condicións de uso que rexan nestes.

Ir á páxina principal