Castellano

Fundacion Juan XXIII

  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A xardinería é un servizo altamente valorado polos cidadáns, e axuda a transmitir unha visión positiva da discapacidade intelectual.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII Ao traballar para organismos públicos as persoas con discapacidade intelectual realizan os seus traballos en colaboración con outros profesionais da xardinería.
  • O contorno da Asociación JUAN XXIII A Fundación Juan XXIII ten a súa sé no contorno privilexiado da Asociación Juan XXIII, e representa o dereito das persoas con discapacidade intelectual a recibir servizos de calidade.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII O emprego de calidade aporta ao traballador benestar persoal e compromiso co resultado do traballo.
  • Centro Especial de Emprego JUAN XXIII A amabilidade e a vocación de servizo son sinais de identidade dos traballadores do centro especial de emprego Juan XXIII
  • Responsabilidade Social Empresarial A Fundación Juan XXIII desenvolve programas de responsabilidade social que van máis aló do traballo coas persoas con discapacidade intelectual, indagando no aproveitamento dos residuos en beneficio do medio ambiente.

 

 

GLOSARIO DE TERMOS

A


Axuste persoal e social: Son servizos de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e/ou deportivos que lle  permiten á persoa con discapacidade unha maior autonomía nos distintos contornos onde se desenvolva a  súa vida diaria.

 

C


Calidade de vida: é o lugar que cada persoa ocupa en relación ao seu propio ideal de benestar (físico, mental, social, etc..

Cambio social: son os cambios que experimenta a sociedade respecto á cultura, o sistema de valores, e se reflicte en novas  configuracións das  normas sociais. O cambio social ocorre a partir da transmisión intexeneracional da cultura e da  aprendizaxe social que cada persoa realiza en función da observación individual do que ocorre no seu contorno.

Centro especial de emprego: Os Centros Especiais de Emprego son empresas cuxo obxectivo principal é o de realizar un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións de mercado, e cuxa finalidade é asegurar un emprego remunerado e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores con discapacidade.

Certificado de minusvalía: O certificado de minusvalía é un documento oficial que outorga dereito á persoa con discapacidade ou aos seus familiares para acceder a determinados beneficios sociais e económicos.

Cláusulas sociais: consiste en incluír certos criterios na contratación pública, que consisten en incorporar ao contrato aspectos de política social como requisito previo (criterio de admisión), como elemento de valoración (puntuación) o como obriga (esixencia de execución).

Contratación pública: son os contratos,  que subscribe a administración pública, como parte contratante, con persoas físicas ou xurídicas (empresas, asociacións,etc.), para a proporcionar aos cidadáns obras ou servizos.

Cota de reserva: A cota de reserva significa que as empresas con 50 ou máis traballadores teñen que  reservar o  2 por 100 dos postos de traballo para as persoas con discapacidade e  se establece na Lei 13/1982 de integración social do minusválido. O cumprimiento da cota de reserva se pode substituír por accións alternativas, que se regulan no Real Decreto 364/2005.

Currículo vitae: É un documento no que se describe o conxunto de experiencias (educacionais, laborais, vivenciais) dunha persoa. Se aplica comunmente na busca de emprego, sendo requisito indispensable a súa presentación para solicitar emprego en la maioría de los postos.

 

D


Discapacidade intelectual: nova definición do termo discapacidade intelectual (AAMR 2002) fai fincapé na condición de persoa de aquel ou aquela cidadán que  reúne as  seguintes características: “limitacións significativas no funcionamento intelectual e a conduta  adatativa, que se manifesta nas habilidades prácticas, sociais e conceptuais;  e cuxa idade de aparición é anterior aos dezaoito anos.”

 

E


Emprego protexido: O emprego protexido é o que fan os centros especiais de emprego, que ademáis de asegurar un emprego remunerado ten que proporcionar servizos de exuste personal e social ao traballador.

Emprego con apoio: é unha metodoloxía de apoio ao traballador con discapacidade  que se incorpora a traballar nunha empresa ordinaria, e consiste en que o preparador laboral apoia ao traballador na aprendizaxe das tarefas do traballo e no inicio das relacións persoais no contorno de traballo, tratando favorecer a súa autonomía mediante a retirada progresiva dos apoios do preparador laboral.

Enclave laboral: se entende por Enclave Laboral o contrato entre unha empresa do mercado ordinario de traballo, chamada empresa colaboradora, y un Centro Especial de Emprego (CEE) para a realización de obras ou servizos que garden relación directa coa actividade principal de aquela e para cuxa realización un grupo de traballadores con discapacidade do Centro Especial de Emprego se despraza temporalmente ao centro de traballo de la empresa colaboradora.

Entrevista de orientación: é unha entrevista  pensada para ofrecerlle á persoa que demandante de emprego  asistencia personalizada en tu busca  dun traballo: consiste en axudar á persoa a identificar obxectivos e intereses, trazar un plan de traballo para acadar eses obxectivos (formación, buscar empresas, preparar currículos, etc).

 

F


Feedback: consiste en recibir as consecuencias dun acto do pasado, que terá como resultado o cambio ou o mantemento do modo de realizar ese acto no futuro.

Fundación: son organizacións sen fin de lucro constituídas por persoas que aportan un patrimonio destinado a  acadar un fin, chamado fin fundacional

 

H


Habilidades sociais: son condutas que lle permiten ás persoas entaboar relacións con outras de maneira satisfactoria.

 

I


Inclusión social: A inclusión social asegura que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e poidan acceder aos recursos necesarios que lles permitan disfrutar dunhas condicións de vida normais.

 

P


Participación social: consiste en tomar parte activa na vida social dunha comunidade valor para o progreso social.

Plans de apoio individualizados: consiste na detrminación das axudas (apoios) persoais ou técnicas que unha persoa pode precisar segundo as súas características particulares  para mellorar o seu funcionamento en relación a un detrminado contexto.

Preparador laboral: é o profesional que realiza as funcións propias da metodoloxía do emprego con apoio.

 

R


Rede de apoios: son as  persoas que rodean a la persoa con discapacidade, como su familia, amigos, mestres e xente da súa comunidade, que  teñen a función de apoiar á persoa no desenvolvemento do deu plan de vida

 

U


Unidade de apoio á Produción: é un equipo técnico que se encarga de apoiar ao traballador do centro especial de emprego na incorporación ao posto de traballo así como a permanencia e progresión neste.

 

V